Sistemas de identificación
A sede electrónica permite a identificación dos interesados por calquera de todos os medios principais citados no artigo 9 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común:
Atendendo ao principio de proporcionalidade previsto no Esquema Nacional de Seguridade, esta Sede Electrónica esixirá un nivel de identificación distinto en función da cualificación de risco que se lle asignou a ese trámite.
Trámites de nivel ALTO
Só se admitirá a identificación con sistemas baseados en certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de firma electrónica e de selo electrónico usados nun dispositivo seguro de creación de firma
Trámites de nivel MEDIO
Admitirase tamén a identificación certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de firma electrónica e de selo electrónico de nivel medio (certificados de software) e sistemas de claves concertadas nos que o procedemento de autentificación vaia reforzado co uso doutro tipo de dispositivos físicos
Trámites de nivel BÁSICO
Admitirase tamén a identificación con sistema de claves concertadas de nivel de seguridade básico